fbpx

Lucía Freitas: «Este é o momento de sentirnos orgullosísimos do que somos, da nosa calidade galega»

Lucía Freitas. Foto: Mero Afonso.

Di Lucía Freitas que este é o momento no que máis orgullosos debemos sentirnos do que somos, da nosa calidade galega. Unha aposta pola nosa terra, polo produto local, de proximidade, que leva case tatuada na pel e coa que iniciou no 2009 o seu primeiro restaurante en Compostela: A Tafona , hoxe cunha Estrela Michelin e selo de Galicia Calidade. "Todo o que sirvo sempre ten que ser o mellor e para min o mellor é o produto de cercanía, de tempada, de quilómetro cero. Teño a grande sorte de estar a vinte metros da Praza de Abastos. É cruzar unha rúa e aí está todo ese produto. Eu non sabería cociñar doutro xeito", afirma.

Do seu amor polo noso fálanos na seguinte entrega das 'Preguntas con Calidade' de Pincha, ademais das moitas ideas que xurdiron durante o confinamento: o pop-up delivey da súa barra gastronómica Lume, o menú sinerxias co que apoia aos seus provedores e o seu novo proxecto de xeados 'Baixo Zero'.