fbpx
EntrevistasGalicia

Loaira Davila, de Raposiñas: “Deseñamos a partir de tres conceptos: a casa, a horta e o xogo”

Foto: Eduardo Armada

Raposiñas é un proxecto de cerámica rural de tres rapaces de A Pobra de Caramiñal -Abelardo P. Santiago, Melo Pérez e Loaira Davila- con só un ano de vida. Naceu do desexo de voltar á casa familiar, así que transformaron o garaxe en obradoiro.

Fan pezas de gres esmaltadas nas que se inspiran na horta, no xogo e na casa. De feito, teñen series de pezas encaixables.

A nosa conversa con Loaira enmárcase dentro do especial ‘Entrevistas con xeito’ da Revista Pincha, nas que coñecemos ‘o xeito’ de traballar de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.