fbpx
CompostelaEntrevistas

Leonor Díaz, Como pez en el agua: “O confinamento debería servir para pór en valor o traballo feito a man”

Por Rebeca Munín

Leonor, na súa tenda da Rúa de San Pedro.

Leonor Díaz ten unha tenda-taller de artesanía situada no barrio de San Pedro. Con ela comezamos unha serie especial de 'Entrevistas na Corentena' con artesáns de Compostela que forman parte da marca  Artesanía de Galicia.

En 'Como pez en el agua' podemos atopar produtos feitos a man con diferentes materiais: esmaltes, prata, fimo, feltro, tea... O seu establecemento permanece pechado pola crise sanitaria do Covid-19, pero Leonor sigue atendendo á tenda online. A artesá destaca que este confinamento que estamos a vivir debería servirnos tamén para reflexionar sobre o noso modo de consumo e "pór en valor o traballo feito a man, con agarimo, a peza única...". 

Podedes ver a nosa conversa completa aquí: