fbpx

José Sanín, de Sanín Percusión Tradicional: «A pandeireta é un instrumento para a festa»

José Sanín leva trinta anos adicado á creación artesá de pandeiretas e instrumentos de percusión tradicional. Nesta 'Entrevista na Corentena', enmarcada dentro do especial sobre artesáns da zona de Compostela que forman parte da marca Artesanía de Galicia, fálanos do proceso de fabricación, cercano e sostible, e de como o público foi variando ao longo destes anos de traballo.

A pandeireta é un instrumento vencellado ao folclore galego e son moitos os que hoxe en día queren seguir aprendendo e gonzando dela.