fbpx

José María Mayer, de Maysil Artesanía: «Apoiámonos nas novas tecnoloxías pero sen esquecer a parte tradicional»

Por Rebeca Munín

Maysil é unha empresa dedicada ao deseño e fabricación de artesanía en prata e ouro. Tamén fan regalo institucional e trofeos, para particulares ou empresas. As súas pezas poden atoparse en tendas por toda Galicia e Asturias, ademais de estar á venda na súa páxina web.

O seu creador, José María Mayer, cóntanos como traballa no seguinte vídeo, nunha conversa que se enmarca dentro do especial 'Entrevistas con Xeito' a artesáns e artesás que contan coa marca Artesanía de Galicia.