fbpx
EntrevistasGalicia

José Manuel Ferro, de Pementos Carmucha: “O noso é o pemento auténtico”

José Manuel Ferro é a terceira xeración que se fai cargo de Pementos Carmucha. Nas nosas 'Preguntas con Calidade' fálanos dos seus pementos, con Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón, que garantiza que o produto cumpre con todos os requisitos de autenticidade: datas de comercialización (só están no mercado de maio ao outubro), sabor, tamaño, forma, etiquetado...

Ao final, todo isto é un símbolo de calidade. Por iso para Jose Manuel levar o selo de Galicia Calidade “é un orgullo”.

Se queres recoñecer como son os auténticos Pementos de Herbón, non perdas o seguinte vídeo.