Jorge Gago, de A Maceta: “Queremos ser parte da solución, non do problema”

Jorge Gago, en A Maceta. Foto: Iván Barreiro

O cociñeiro de A Maceta, Jorge Gago, atende á Revista Pincha por skype durante o confinamento por mor da crise sanitaria do Covid-19. Nesta primeira 'Entrevista na corentena', o chef recoñece que a cociña da súa casa fáiselle moi pequena. Aínda así está aproveitando para crear novos pratos que se poidan incorporar á carta do restaurante cando remate o estado de alarma. Tamén están mantendo reunións virtuais co resto do equipo para preparar o regreso e tratar de que a situación mellore. “Queremos ser parte da solución, non do problema”, afirma. Por iso, teñen pensado separar as mesas que están máis preto entre si e lograr un maior espazo entre os comensais.

Disposto a colaborar no que faga falta, Jorge ofreuse a cociñar de xeito altruísta para os traballadores do hospital compostelán. Por agora, dixéronlle que non era necesario pero quedaron co seu contacto por se precisaran chamalo máis adiante.

Se queres ver a entrevista completa e descubrir ademais os consellos que nos deu para practicar a nosa cociña na casa, só tes que ver o seguinte vídeo: