Inés Rodríguez, de Rir & Co Tecidos Artesáns: “Fusionamos tradición con innovación”

Inés Rodríguez é a fundadora de Rir & Co, un obradoiro de tecidos feitos a man en tear artesán que mestura a tradición coa innovación -ela e o seu equipo traballan con materiais tan modernos como a fibra óptica- para crear pezas mornas e diferentes, froito da investigación e o agarimo.

O seu obradoiro-tenda está en Allariz e ademais pódese visitar previa cita.

Se queres saber máis sobre Rir & Co, atento á seguinte 'Entrevista con xeito', dentro do especial con artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.