fbpx
EntrevistasGalicia

Guillermo Rocha, de Artesanía Silvent: “Empecei con catro xoguetes de madeira e agora xa teño unha vintena”

Por Rebeca Munín

Guillermo no seu taller. Foto: Eduardo Armada

Canso de ter que arranxar os xoguetes de plástico do seu pequecho, Guillermo Rocha, carpinteiro de profesión, decidiu comezar a fabricar para el xogos de madeira "duradeiros e resistentes". Naceu así Artesanía Silvent, unha empresa familiar que conta coa marca de Artesanía de Galicia. "Empecei con catro modelos e agora xa teño unha vintena", comenta.

O nome do proxecto é unha homenaxe ao seu bisavó, José Silvent, máis coñecido por Barriga Verde, pioneiro no teatro de monicreques en galego. Se queredes coñecer máis sobre a súa historia, atentos á 'Entrevista con Xeito' que podedes ver a continuación.