Descubre nesta Guía de Compras da Revista Pincha agasallos para estas Festas de Nadal diferentes, únicos, con calidade… Pezas de artesanía galega, tendas de comercio local e produtos gastronómicos de proximidade. O traballo dos nosos veciños e veciñas.
Porque non hai nada mellor que unha atención personalizada, coñecer ás persoas polo seu nome e mercar coa confianza de saber que vas acertar seguro.
Nestes tempos tan complicados que nos tocou vivir, apoiémonos uns aos outros.
Neste Nadal, gastronomía, cultura e #agasallolocal

Alternativa e vangardista
Tenda de moda multimarca para home e muller chea de interesantes marcas nacionais e internacionais.
Neste Nadal un bo agasallo é a Zapatilla Kerameikos (99 €), de Hoff, que incorpora persoal extraíble de memory foam con sistema de absorción de impactos para o máximo confort.

Xoiería artística e creativa
Na colección “LOUZA” Rodrigo Riveiro dálle outra vida a aquelas pezas da vaixela tronzadas ou deterioradas.
Mediante o proceso de reciclaxe serve para brillar coma colares, pulseiras, brincos e colgantes.
A prata é o engarzamento que o xongue coa cerámica, creando unha xoia única e dificilmente repetible.
Na imaxe, pulseira "Guillade" (390€).

Este Nadal decora o teu fogar
Coroa de porta verdes naturais e adornos de Nadal.
En Floriforma asesoran na decoración de espazos, vodas, bautizos, congresos e decoración de Nadal. Contan coa marca de Artesanía de Galicia.
Esperámoste no Mercado de Nadal de Santiago de Compostela!

Para vestir de xeito exclusivo
Mimolett é una boutique feminina multimarca de roupa para que luzas diferente no teu día a día e brilles coma nunca nos eventos importantes.
Para esta tempada recomendan as saias tubo para diario e, como opción de festa, o vestido midi da imaxe que resulta ideal para combinar con pendentes XL e brazaletes sobre a manga.

Cerámica
Nacho Porto leva dende 1979 contando historias a través da cerámica.
A súa obra abrangue desde bestiarios, esculturas, vaixelas de porcelana e encargos personalizados, ata pezas para as novas tecnoloxías, coma esta Balea Roxa (40 €), un altofalante para o móbil para quen procura un agasallo orixinal para este Nadal.

Renova o teu dormitorio
Silvalde Hogar é unha empresa dedicada ao sector da decoración, ofrecendo produtos totalmente a medida como cortinas, papel pintado, alfombras, tapizados de cabeceiros e butacas.
E para que o teu espazo de descanso sexa ideal, invitámosvos a coñecer a nova colección de Bassetti.
Plaids e edredóns de gran deseño e calidade italiana.

Auténtica gastronomía galega gourmet
Achégase o Nadal e en Orixe Ultramarinos queren que desfrutes dos mellores produtos destas datas, como o novo turrón de améndoa a granel, nas súas versións duro ou brando.
Poderás mercar o típico doce de Nadal ao peso, ademais de produtos especiais como viños e vermús, conservas, queixos, chocolates...

Produtos gourmet galegos
Se algo temos claro en Secretos de Galicia é que os sabores de Galicia unen corazóns, familias, amigos...
E para que siga sendo así, nada mellor que regalar as Cestas e Caixas Secretos de Galicia.
Non esperes máis! Fai as túas encargas.

Moda sostible para muller e home
En Voikukka contan cunha selección de marcas galegas, españolas e europeas, que apostan pola fabricación e trato ético e respectuoso coas persoas e co medio ambiente, sen esquecer o deseño e a comodidade.
Na imaxe, sudadeira de muller de Thinking mu (100% algodón orgánico).

Únete ao camiño de volta ao natural!
Vermut Lodeiros nace do respecto polo natural e do compromiso coa nosa contorna. Un vermú santiagués feito en familia e elaborado co agarimo dunha produción limitada.
0% plásticos, botella ecolóxica con baixa pegada de carbono e etiqueta producida con residuos de mazá.
Unha aposta pola sostenibilidade na que se adican o 3% dos beneficios a proxectos ecolóxicos en Galicia.