Descubre nesta Guía de Compras da Revista Pincha agasallos para estas Festas de Nadal diferentes, únicos, con calidade… Pezas de artesanía galega, tendas de comercio local e produtos gastronómicos de proximidade. O traballo dos nosos veciños e veciñas.
Porque non hai nada mellor que unha atención personalizada, coñecer ás persoas polo seu nome e mercar coa confianza de saber que vas acertar seguro.
Nestes tempos tan complicados que nos tocou vivir, apoiémonos uns aos outros.
Neste Nadal, gastronomía, cultura e #agasallolocal
Xoias artesanais con carácter atlántico

Realizados en prata de lei 925, os pendentes Gorgonia teñen a particularidade de contar cun acabado galvanizado vermello paixón e cun pulido-espello a man, na parte superior.
A colección Gorgonia é moi representativa da esencia atlántica de Ardentia e da súa forma de traballar. A experiencia adquirida ao longo dos 32 anos de vida do seu Obradoiro é a que lles permite ofrecer xoias diferenciadas, únicas e cunha garantía e calidade amparadas por Galicia Calidade.
Ardentia realiza tamén, por encargo, todo tipo de xoiaría personalizada e única.
Xoieiro artesán

Un artesán ecléctico que toca moi diferentes estilos, creando pezas de gran personalidade.
Na imaxe superior, un colgante realizado en ouro 1ª lei cun diamante azul, engarzando unha frecha de bronce persa do século VIII a. C. da sua Colección Antiques, formada por antigüidades convertidas en xoias únicas. Entréganse sempre con todos os seus certificados e permisos oficiais.
Debaixo, o Anel Kubrick, realizado en ouro branco de 1ª lei cun diamante de 0.18 quilates, está inspirado en “2001 , Unha Odisea do Espacio”. Contén moitos elementos da película, que os seguidores recoñecerán.
Máis de vinte anos formando profesionais

Unha ampla oferta formativa en tecnoloxía, deseño e comunicación audiovisual optando pola calidade dos dispositivos Apple —iPhone, iPad Mac— e pola Creative Cloud de Adobe, Illustrator, Photoshop, InDesign, Dreamweaver... Constantemente actualizamos o contido dos nosos cursos e masters como é o caso dos cursos de desenvolvemento web e Audiovisuais coa última versión de Apple Motion e Final Cut Pro para a edición e posprodución de vídeo.
Bonos de Mac, iPad e iPhone (prezos por persoa)
FORMACIÓN 1 TO 1: Bono 5h - 180€ Bono 10h - 280€
FORMACIÓN 1 TO 2: Bono 5h - 130€ Bono 10h - 190€
Xoguetes de madeira artesanais

En Artesanía Silvent atoparás divertidos xoguetes en madeira fabricados de forma totalmente artesanal. Pódense ademais personalizar con algún nome ou debuxo.
Son pezas que ofrecen unha gran resistencia e axudan ao crecemento da cativada de forma positiva.
Estimulan a imaxinación e a creatividade, ademais dos sentidos: desprenden cheiro, son cálidos ao tacto, rugosos… Tamén favorecen a coordinación e a motricidade.
Na imaxe de arriba (horizontal): coches Fórmula 1 antigos personalizados (27€ cada un).
Na imaxe vertical: coche Fórmula 1 (22 €), avión (34€) e tren de pasaxeiros e carga (92€).
Pezas únicas en coiro

Cabuxa é un obradoiro artesán que se dedica ao deseño e confección de pezas de coiro estampadas con ilustracións de autor.
Na fotografía vemos a súa Mochila Rosalía 'Po las teclas do piano' (182€), feita a man con 100% pel e ilustración de Leandro Lamas. Ten asas regulables, peto exterior con peche de cremalleira, dous petos interiores e unha tira con mosquetón interior para asegurar as chaves ou a carteira.

Proxecto pioneiro que inclúe unha viñoteca onde realizan catas e outros eventos da cultura vinícola e unha tenda de produtos de ecolóxicos e de proximidade. Contan ademais cunha sección gourmet (queixos, patés, aceites premium...).
Para este Nadal teñen preparadas unhas cestas con mel, marmeladas, café, chocolates, pementos, viños, conservas, sidra... desde 45 euros. Tamén personalizadas para adaptarse a todas as necesidades.
Bolsos e mochilas feitas a man

Alondra (60€) é máis que un bolso. É un compañeiro de vida e de aventuras. Sinxelo, encerado para soportar a chuvia e atemporal. Escolle a túa cor e lévao onde vaias!
A calidade dos materiais, o seu control e o mimo que se pon no proceso de produción fan que cada peza de Mundaya sexa de calidade e cunha durabilidade excepcional.
As liñas sinxelas son o selo de identidade, que fan que o produto non pase de moda.
Un libro pode ser un regalo inesquecible

Re-Read Santiago é unha libraría aberta en maio do 2019 adicada a darlle unha segunda vida aos libros de segunda man, cunha coidada estética da tenda e un inmellorable trato humano. Aquí podes atopar libros moi asequibles para toda a familia e para todos os gustos.
Un libro pode ser un regalo inesquecible. Tamén no Nadal, regala libros!
Pregúntanos polo noso pack de Nadal: 5 libros (ou unha tarxeta-regalo sen data de caducidade) + bolsa de algodón orgánico + dúas chapas = 15 €
A prol da cultura e do traballo artesán

Trisquel Artesanía é unha antesala para desfrutar da delicadeza do textil, e coñecer a nosa cerámica, prata e xoiería.
Unha xanela aberta para a música do país e para o produto coidadosamente elaborado apostando pola calidade, a beleza e o compromiso.
Na imaxe, bolso cosido a man con dobre costura e incrustacións en coiro. Proceso manual de 25 horas.
Complementos para muller e home

Atavíos Loa conta cunha ampla variedade de sombreiros (máis de 50 modelos das marcas Isotoner, Solid, Glöko), bolsos (Caramelo, Torrens, Devota & Lomba, Noco, Tantrend), paraugas (Pierre Cardin, Bisetti, M&P), carteiras, bixutería, prata e aceiro cirúrxico Anartxy.
Na imaxe, bufanda de peluxe suave (13 €) e guantes a xogo (11 €).