fbpx
A CoruñaGastronomíaNovas

Fin dunha exitosa edición do Galicia Fórum Gastronómico

Preto de 22.000 persoas visitaron durante tres días as  instalacións de Expocoruña para coñecer as diferentes propostas de Galicia Fórum Gastronómico que este ano volveu ao calendario dos grandes eventos, consolidándose como o punto de encontro de  referencia do sector foodservice. 

Os case 200 expositores mostraron a súa satisfacción, xa que o evento permitiulles establecer  contactos comerciais, así como incrementar o seu volume de negocio. Seguindo a tendencia do  Fórum este ano houbo unha gran diversidade de sectores (maquinaria, produto gastronómico,  enxoval e servizos, etcétera) e presentación de moitas novidades. 

Ademais, o público puido gozar en sete espazos distintos de preto de sesenta actividades e das clases maxistrais e talleres impartidos por máis de 65 relatores, entre eles varios chefs que suman máis de  trinta estrelas Michelin.  

Cabe destacar como novidade desta edición o FórumLab, concibido como un espazo de reflexión no  que se expuxeron proxectos e modelos de negocio de gran transcendencia que nalgúns casos presentáronse por primeira vez; o eixo común ha todos eles foi o compromiso coa sustentabilidade  de face ao futuro.  

Por outra banda, a gastronomía líquida, representada en Wine Circus, Beer Craft Market e Cocktail  Bar Fórum, tivo unha gran acollida, reunindo a numeroso público profesional, o que garante a  continuidade destes espazos dentro do Fórum. 

A estas actividades, que durante o tres días rexistraron cheos totais, hai que sumar as que levaron a  cabo nas propias casetas, que tiveron unha gran aceptación do público.  

Así mesmo, o Fórum volveu ser o escaparate de luxo para pór en valor o talento dos cociñeiros  galegos e descubrir a grandes profesionais que están na vangarda da gastronomía. Por outra banda, Galicia Fórum Gastronómico valora moi positivamente a participación de Asturias  coa súa marca Cociña de Paisaxe (territorio convidado nesta edición), e a presenza de Palencia e  Cáceres, entre outros destinos nacionais, que estiveron presentes este ano. 

Finalmente, a directora de GFG, Ana Trevisani, xunto a Pep Palau e Jaume von Arend, os seus  fundadores, quixeron mostrar o seu agradecemento a todos os patrocinadores e institucións que  fixeron posible a celebración deste gran evento, á vez que adiantaron a próxima edición do Galicia  Fórum Gastronómico que terá lugar en marzo de 2024. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.