Fernando Gallego: “Temos todas as posibilidades de xoiaría”

Fernando Gallego leva traballando case 20 anos xunto a súa muller, Paula Iglesias, creando xoias de diferentes prezos e características que xa chegaron mesmo a actrices como Cristina Castaño ou escritoras como Espido Freire. Inspíranse no cine, na pintura ou na arquitectura, e tamén fan pezas a partires de antigüidades milenarias. Teñen clientes internacionais e utilizan pedras certificadas.

Se queredes coñecer máis sobre o seu traballo, mirade esta entrevista que fixemos dentro do noso especial durante a corentena con artesáns da zona de Compostela que contan coa marca  Artesanía de Galicia.