Félix Pérez, da sombreirería Félix de Martín: “As mellores ferramentas son as nosas mans”

Nas nosas 'Entrevistas con Xeito' patrocinadas pola Fundación Pública Artesanía de Galicia recollemos unha das profesións artesanais de toda a vida e das que quedan poucos representantes en Galicia: os sombreireiros.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Neste encontro vemos como facer sombreiros e tocados artesáns ao xeito de Felix de Martín, que bebe das fontes do cinema, da moda e da historia para crear deseños a medida para os seus clientes. Viste tanto a mulleres como a homes e nenos para vodas, eventos e tamén adapta deseños xa existentes, xogando coas formas e os materiais.