Xornadas de Música Contemporánea

Cuando:
6 junio, 2018 – 29 junio, 2018 todo el día
2018-06-06T00:00:00+02:00
2018-06-30T00:00:00+02:00
Donde:
Praza de Cervantes, Parque de Bonaval, Auditorio de Galicia, CGAC, Igrexa da Universidade
Precio:
Gratis
A Banda Municipal de Música de Santiago.

A Banda Municipal de Música de Santiago.

Do mércores 6 ao venres 29, os amantes da música de culto e de vangarda poderán gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos en diferentes espazos da cidade. Baixo o título “Música, Emoción e Memoria”, a proposta deste ano celebra a pegada e a obra de Enrique Xerardo Macías (1958 – 1995), compositor vigués que abriu a música galega a outras sonoridades e formou parte dos fundadores deste certame en 1987. No 60 aniversario do nacemento de Macías, as XMC’18 honran o labor deste autor curioso e enérxico que se conta entre os xenios da súa xeración e que, malia ter finado antes de cumprir 40 anos, serviu e segue a servir de modelo para figuras emerxentes da composición galega.

Estas Xornadas inclúen en 2018 concertos ao aire libre. A praza de Cervantes e o parque de San Domingos de Bonaval súmanse, así, a escenarios xa habituais do certame, entre os que se contan este ano o Auditorio de Galicia, o CGAC, a igrexa da Universidade e o seu Paraninfo.

Case todos os espectáculos son de balde até completar a capacidade dos diferentes recintos que os abeiran. Unicamente será preciso mercar entrada para a representación de A cabeza do dragón, o venres 29 de xuño no Auditorio de Galicia. As entradas para esta función teñen un prezo de 12 euros, con descontos do 50% para persoas desempregadas, maiores de 65 anos, xubiladas, menores de 25 anos, estudantes, perceptoras de rendas sociais, familias monoparentais e familias numerosas e poderán ser adquiridas no Teatro Principal, de martes a sábado de 18:00 a 20:30 horas, e no Auditorio de Galicia, o propio día da función a partir das 18:00 h.

CONSULTA AQUÍ O PROGRAMA AO DETALLE.