fbpx

Xaneiro en Dospasos

Cuando:
1 enero, 2021 – 31 enero, 2021 todo el día
2021-01-01T00:00:00+01:00
2021-02-01T00:00:00+01:00
Donde:
Dospasos
Rúa Pesqueiras
6 Bertamiráns - Ames

O espazo Dospasos, en Bertamiráns, ten unha ampla oferta de posibilidades para este mes de xaneiro.

Activa e mantén o teu inglés con Coffee and Chat.
Exercita o teu corpo e a mente con Hatha Ioga para adultos ou Meditación.
Se tes interese pola escrita e a literatura apúntate aos Talleres de Narrativa.
Aprende a elaborar e cociñar mediante distintos obradoiros como Cociña Saudable, Obradoiro de Pan ou Repostería Saudable.

E os rapaces…
Poden exercitar o corpo e a calma con Ioga e Mindfulness para nenos e nenas.
Aprender inglés mentres se divirten en Actividades en Inglés para nenos en nenas.
Ter un momento coa familia para compartir e experimentar na cociña cos Obradoiros Xuntos.

Ademais, Dospasos segue ofrecendo os obradoiros privados para grupos, tanto para nenos como para adultos.

Para reservar a túa praza, pedir información ou calquera consulta, envía un WhatsApp ao 660 619071, ou un correo a contact@dospasos.org.

Obradoiros de xaneiro

Domingo 10. Obradoiro de Pan, cun taller de iniciación ás masas. Adentraranse no mundo do pan aprendendo como traballar co fermento de panadería e facer pans ricos e nutritivos no forno da casa.

Venres 22. Obradoiro de cociña saúdable, sobre os alimentos detox e elaborarán un menú postfestas.

Domingo 24. Obradoiro Xuntos no que ensinarán a elaborar unha masa de pizza casera e deliciosa! Encantaralle aos peques!