WOS Festival

Cuando:
14 septiembre, 2018 todo el día
2018-09-14T00:00:00+02:00
2018-09-15T00:00:00+02:00
Donde:
CGAC, a Cidade da Cultura, o Teatro Principal, a Fundación Eugenio Granell, a igrexa da Universidade, o Salón Teatro, o Mercado de Abastos, a sede da Fundación SGAE, a Sala Capitol, a Sala Malatesta e a sala NUMAX
Laurel Halo

Laurel Halo

Santiago acollerá a quinta edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia entre o 12 e o 16 deste mes de setembro. O programa, que encherá durante cinco días as rúas de Santiago de Compostela en torno ao risco e a exploración, inclúe artistas de máis de dez nacionalidades, numerosas estreas e primeiras veces de artistas a escala nacional, e unha carga de artes audiovisuais superior á de anteriores edicións. Ademais, contará con diferentes subprogramas: WOS Clubbing x Red Bull Music, centrado na música de baile contemporánea; WOS Showcase x Jägermusic, que encherá de música a noite do xoves; WOS Cinema x NUMAX, con tres películas, dúas delas estreas a escala nacional, e WOS Encontros, con seis palestras de debate en colaboración con Fest Galicia, a Cidade da Cultura e o Centro Galego de Arte Contemporánea.

O evento ten a vontade de ofrecer unha alternativa cultural e artística na que descubrir e gozar de experiencias únicas en contextos moi especiais e audiencias limitadas. Artistas destacados nos dous últimos anos por critíca especializada de procedencias tan dispares como Exipto, Sri Lanka, Xapón, Israel, Hungría, Serbia, Alemaña, Estados Unidos, Francia daranse cita en Compostela.

Un ano máis, os once escenarios que enmarcarán as propostas deste festival indoor de vocación transdisciplinar e proxección europea serán o Centro Galego de Arte Contemporánea – CGAC, a Cidade da Cultura, o Teatro Principal, a Fundación Eugenio Granell, a igrexa da Universidade, o Salón Teatro, o Mercado de Abastos, a sede da Fundación SGAE, a Sala Capitol, a Sala Malatesta e a sala NUMAX. O festival foi seleccionado como candidato aos European Festival Awards e Iberian Festival Awards, entre outras categorías como mellor festival indoor, en 2017.

Propostas

Entre as citas máis destacadas do programa cabe sinalar Continuum, un dos traballos máis emblemáticos do artista e experimentador sonoro Paul Jebanasam, que estará acompañado o artista visual Tarik Barri, un dos máis solicitados e celebrados do actual panorama electrónico. Outra das propostas que máis atención está a xerar é o primeiro concerto en España de Abul Mogard, unha figura tan misteriosa como encomiada, da que se conxectura que é un traballador do aceiro serbio que comezou a súa traxectoria artística tras a súa xubilación. O seu directo estará acompañado polas visuais da artista brasileira afincada en Londres Marja de Sanctis.

Encargados de prender lume á noite do sábado, The Bug feat. Miss Red, un combo apocalíptico e incendiario formado polo dj e produtor Kevin Martin e a MC israelí Sharon Stern. Martin, colaborador de My Bloody Valentine, Death Grips, Grouper, Nine Inch Nails ou John Zorn, por citar uns cuantos, e a MC israelí Miss Rede, considerada para moitos una das artistas revelación dos últimos anos.

O festival contará tamén coa performance sonora 100 Keyboards, creada polo artista Asuna Arashi, pioneiro e figura clave na escena de ambient, drone e experimental de Tokio. Nos últimos anos o seu traballo focalizouse no campo da performance e as instalacións, especialmente na fronteira que desdibuja a división entre arte e música. Tamén dende Xapón, o recoñecemento e fama do inusual dúo Group A atópase nun ascenso imparable paralelo ás súas impactantes actuacións, de importante compoñente performativo e que constitúen invariablemente unha experiencia fóra do común.

Entre os veteranos da edición é imprescindible subliñar a figura de Suso Saiz, pioneiro da arte sonoro, a música minimalista, os sintetizadores e o experimental en España, e que estará a presentar o seu último traballo, Rainworks. Tamén veteranos, os alemáns Kreidler, con máis de 20 anos ás súas costas e en parte herdeiros do son de Kraftwerk ou NEU!, que se gañaron ao longo das dúas últimas décadas coa súa militancia e a súa concepción transdisciplinar da arte un posto de honra na música de vangarda alemá.

En Santiago estará igualmente Spectrum, alias do ex- Spaceman 3 Peter Kember, colaborador de My Bloody Valentine, Silver Apples ou Techno Animal entre outros. Outro nome de referencia do cartel é o do rapero Oddisee, con decenas de lanzamentos baixo o seu nome no seu case quince anos de carreira.

En canto á presenza galega, cabe destacar ao trío de free jazz exploratorio Sumrrá, que con 18 anos de traxectoria, seis discos editados, e centos de concertos por todo o mundo ás súas costas, presentan en primicia cun concerto único en WOS Festival x SON Estrella Galicia o seu novo album, 6 Mulleres.

Programas paralelos

Entre os cabezas de cartel de WOS Clubbing x Red Bull Music é necesario destacar á norteamericana Laurel Halo, un dos grandes nomes da electrónica da última década, e que acaba de publicar o seu último traballo, o EP Raw Silk Uncut Wood; o artista húngaro Gábor Lázár, autor dende o seu debut en 2013 de cinco LPs que lle valeron figurar repetidamente nas listas os mellores discos e artistas revelación do ano, ou Skee Mask, considerado herdeiro da escola de Warp Records ou Chain Reaction e cuxo recentemente lanzado Compro figura nas quinielas para os mellores discos de 2018.

O programa de WOS Cinema x NUMAX contará, pola súa banda, con dúas estreas en España: a película arxentina El ruido son las casas, e a esperada Milford graves full mantis. O programa complétase co celebrado documental The public image has rotten.

O programa de WOS Encontros, coa colaboración de Fest Galicia, Cidade da Cultura e CGAC, inclúe seis mesas de debate ao redor de novos medios, música electrónica, festivais e política cultural, ademais dun encontro co artista Peter Kember.

Por último, WOS Showcase x Jägermusic encargarase de encher a noite do xoves de música coas actuacións do francés Territoire, acompañado polo artista visual Tasio, a novísima RRUCCULLA, e o fundador de Spaceman 3, Spectrum.