fbpx

Volvemos á escena!

Cuando:
8 julio, 2020 a las 8:30 pm – 10:30 pm
2020-07-08T20:30:00+02:00
2020-07-08T22:30:00+02:00
Donde:
Auditorio de Galicia e Teatro Principal
Santiago de Compostela

Daimon y la jodida lógica, de Matarile Teatro, é a obra coa que se levanta o pano no Auditorio despois da cancelación dos espectáculos pola alerta sanitaria. Será o venres 3 de xullo ás 20:30 h. Despois desta estrea, a programación de Volvemos á escena! – Xullo 2020 continuará, xa no Teatro Principal, onde poderemos seguir gozando de compañías e intérpretes galegos/as de danza, teatro e música. Todas as funcións serán ás 20:30 h:

– Nova Galega de Danza presenta o 4 de xullo Leira, un espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo.

– Os días 7 e 8 de xullo, Redrum Teatro estrea O mozo da última fila, a versión en galego do afamado texto de Juan Mayorga, unha das pezas máis destacadas da dramaturxia europea dos últimos tempos.

– O 9 e 10 de xullo, Marelas Producións presenta Liberto, obra que revisa os límites socialmente acordados, un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando.

– Da man de Volta e Dalle, o 11 e 12 de xullo representarase Falar por falar, un achegamento á realidade da lingua dende a propia vivencia dos falantes e os non falantes.

A conquista da escola Madhubai, de Teatro do Atlántico, terá dúas funcións o 14 e 15 de xullo. Hèléne Cixous, a autora, inspírase na historia de Phoolan Devi, coñecida como «a raíña dos bandidos», quen foi unha destacada referencia para o feminismo autóctono indio.

– E péchase esta volta á escena do mes de xullo con música o día 18. Mercedes máis eu é produto da colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón.

Normas sanitarias

A información do protocolo de acceso –entradas e saídas de forma graduada para os espectáculos– pode consultarse na web compostelacultura.org. En todo momento primará a o mantemento da distancia de seguridade e será obrigatorio o uso de máscara e a desinfección de mans.

Con respecto ao despacho de billetes –sempre que sexa posible– recoméndase a adquisición de entradas a través da plataforma compostelacultura.org. Neste sentido, cómpre indicar que o límite de aforo é agora de 147 localidades na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia e de 77 butacas no Teatro Principal. A billeteira do Auditorio de Galicia abrirá so o día do espectáculo unha hora e media antes do comezo. E a do Principal estará aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 h.