VII Ciclo Musical Os Xoves de Códax

Cuando:
12 julio, 2018 a las 8:30 pm – 11:30 pm
2018-07-12T20:30:00+02:00
2018-07-12T23:30:00+02:00
Donde:
Adegas Martín Códax (Cambados)
Precio:
15 euros

Adegas Martín Códax presenta a VII edición do ciclo musical Os Xoves de Códax, no que ofrece unha programación transfronteiriza e multicultural, tanto desde o punto de vista físico como o cultural e melódico, con nomes de prestixio internacional.

Os concertos, que se celebrarán os xoves dos meses de xullo e agosto ás 20.30 horas, estarán marcados pola gran variedade de estilos dun e outro lado do Atlántico fusionados entre si, abarcarán desde jazz, bravú, rumba catalá, ritmos africanos, son cubano, flamenco, indie e folk galego e brasileiro. Esta mestura de talento e cultura celebrarase na terraza- lounge de Adegas Martín Códax, onde os asistentes poderán gozar das actuacións do ciclo no marco único dos atardeceres das Rías Baixas, e degustando os viños da adega.

Dentro da programación escollida, os Xoves do mes de xullo estarán definidos por nomes propios de cantautores/ as como Uxía Senlle, Depedre ou Xabier Díaz. Doutra banda, os Xoves do mes de agosto centraranse nos grandes formatos e bandas entre vos que atopamos The Mexicats, Banda Xangai ou Pancho Amat e o Cabildo do Son.

Para asistir a calquera concerto do ciclo é preciso adquirir a entrada na web da Adega Martín Códax (www.martincodax.com). A partir do próximo luns 4 de xuño ás 12.00 horas poderanse comprar as entradas dos concertos do mes de xullo, pero ata o próximo 4 de xullo, tamén ás 12.00 horas, non estarán dispoñibles as localidades para os concertos que se celebrarán en agosto. Poñeranse á venda un total de 400 entradas por concerto, cun límite de compra de 8 tickets por persoa. Así mesmo, a entrada estará prohibida para todas as persoas menores de idade. As entradas terán un prezo de 15 euros, e os beneficios recadados serán destinados a entidades benéficas da zona, como parte do compromiso da adega coa sociedade galega.

Programa

5 de xullo – GUADI GALEGO + IVÁN FERREIRO – Canción de autor

12 de xullo – XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE – Folk/tradicional

19 de xullo – MARCOS TEIRA TRANSLATIONS QUINTETO + A NEGRA – Flamenco-fusión

26 de xullo – UXÍA SENLLE & DEPEDRO – Canción de autor

2 de agosto – BANDA XANGAI – Bravú

9 de agosto – NAJLA SHAMI E FORRO MIOR – Músicas brasileiras

16 de agosto – AFASTANDO VARGAS + PANCHO AMAT E O CABILDO DO SON – Música cubana

23 de agosto – JENNY & THE MEXICATS + TOÑYTO GARZIA – Rockabilly/fusión

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.