fbpx

VI Festa da Zona Nova

Cuando:
28 septiembre, 2019 todo el día
2019-09-28T00:00:00+02:00
2019-09-29T00:00:00+02:00
Donde:
Praza Roxa

A Praza Roxa será o epicentro desta Festa, que terá pasarrúas, cantos de taberna, a actuación da Banda Municipal e ata unha intervención artística pública, entre outras propostas.

Luis Davila e Marc Taguer realizarán a intervención artística pública o sábado 28 en dous muros: o do antigo Peleteiro e, probablemente, outro na Rapa da Folla.

Durante toda a xornada tamén haberá unha Festa do Comercio, na que os establecementos sairán á rúa e agasallarán aos/ás clientes cunha mazá e cun poema de Rosalía. Tamén este día, a partir das 10:00 horas, celebrarase a final do Torneo de Xadrez que ao longo da semana ten lugar no CSC do Ensanche e en catro locais hostaleiros do barrio.

Ás 11:30 horas, na praza Roxa, ioga na rúa con Anahata Yoga e, xa ao mediodía, no mesmo lugar, polvo á feira e sesión vermú con Kind of Soul. Pola tarde, test de surf skate con Core Surfing e, de 16:00 a 18:00 horas, pasarrúas de Trópico de Grelos. A xornada festiva do sábado pecharase de 20:00 a 22:00 horas cos Cantos de Taberna por diversos establecementos hostaleiros da zona nova.

A programación da Festa completarase o domingo 29, ás 12:00 horas, coa aactuación da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño, no cruceiro de Ramírez.