Turandot de Puccini

Cuando:
15 febrero, 2020 a las 9:00 pm – 11:00 pm
2020-02-15T21:00:00+01:00
2020-02-15T23:00:00+01:00
Donde:
AUDITORIO PALACIO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA
Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro 15707 Santiago de Compostela
Precio:
21,98 € – 35,17 €

 

Turandot, ópera en tres actos de Giacomo Puccini, aínda que o final da mesma corresponde a Franco Alfano, cun libreto de Giuseppe Adami e Renato Simoni.
Estreouse no Teatro alla Scala o 25 de abril de 1926, baixo a dirección de Arturo Toscanini, un ano e medio aproximadamente logo da morte de Puccini. En España estreouse no Gran Teatre do Liceu o 30 de decembro de 1928.
A morte de Puccini, o 29 de novembro de 1924, cando case tiña a ópera Turandot acabada, obrigou aos editores da casa Ricordi a buscar a un compositor que puxese punto final á obra. Foi elixido Franco Alfano que a finalizou cunha princesa Turandot que sucumbe finalmente ao amor de Calaf. Non sabemos como a finalizou Puccini, aínda que deixou apuntes nos que se baseou Alfano.
Precisamente o día do seu estreo en Milán, non se cantou este final de Alfano. Arturo Toscanini deixou a batuta logo da morte de Liù, e dirixíndose ao público dixo «Aquí acábase a ópera, aquí morreu o mestre». Na seguinte función xa se interpretou completa.
Sobrecolle que fose precisamente a morte de Liù o último que escribise Puccini. Liù encarna a heroína pucciniana por excelencia: inocente, sinxela e namorada ata a morte.

PERSONAXES

TURANDOT: Princesa chinesa, cun carácter frío. Filla do emperador Altoum. Papel para soprano dramática de gran esixencia.
CALAF: Príncipe de Tartaria, exiliado. Fillo de Timur e namorado de Turandot. Papel para tenor spinto.
LIÙ: Criada de Timur e namorada de Calaf. Papel para soprano lírica.
TIMUR: Rei exiliado de Tartaria, pai de Calaf. Papel para baixo.
PING: Ministro da corte. Papel extenso para barítono.
PANG: Ministro da corte. Papel extenso para tenor.
PONG: Ministro da corte. Papel extenso para tenor.
ALTOUM: Emperador, pai de Turandot. Papel para tenor.
HERALDO: Papel para barítono.
OITO SABIOS: portadores das respostas aos enigmas.

 

Entre os solistas atópanse David Cervera, Romina Cicoli, Laura Alonso Padín, Moisés Molín, e Alberto Petricca entre outros moitos, e todos baixo o mando do mestre MANUEL VALENCIA SEGARRA.
Contaremos co Ballet da Escola de Danza BALANCE de Santiago de Compostela.
Os coros e orquesta de PromÓpera formados por músicos galegos, farán esta excelsa obra, que se fai por primeira vez na capital de Galicia.
O coro de PromÓpera ten a súa base en Santiago de Compostela