Tanxuvermú

Cuando:
6 abril, 2020 a las 1:00 pm – 2:00 pm
2020-04-06T13:00:00+02:00
2020-04-06T14:00:00+02:00

 

Aida, Olaia e Sabela presentarán o primeiro disco de Tanxugueiras o 3 de xuño na Capitol. Foto: PhixelinPhoto

Tanxugueiras. Foto: PhixelinPhoto

A proposta do grupo Tanxugueiras para levar mellor o confinamento á hora do aperitivo, o Tanxuvermú, comeza este luns a súa segunda e definitiva semana, que incorpora ao seu cartel os nomes de Guadi Galego, Pilar García Rego e os youtubeiros O Aquele e Olaxonmario .

Desde o pasado sábado 28 as pandereteiras levan a cabo unha serie de conversas abertas ao público a través da canle www.youtube.com/tanxugueiras (a canle oficial do grupo en Youtube) con artistas, xornalistas e axentes vinculados ao mundo cultural e musical. Estes encontros virtuais teñen lugar á hora do aperitivo, contra ás 13.00 horas, e dan pé a unha conversa na que se aborda, dun xeito distendido e próximo, unha situación excepcional. Ao longo deste encontro, de media hora de duración, as pandereteiras e os seus convidados achegan como están a vivir estes días, a vez que realizan xogos con letras tradicionais, propoñen actuacións ao vivo ou responden preguntas do público.

Esta semana a serie de conversas arrincará este luns, co asturiano Rodrigo Cuevas de convidado, e dará paso, nos vindeiros días, a encontros coas cantantes Sabela Ramil (martes 7) e Guadi Galego (domingo 12), coas xornalistas Teresa Cuíñas (mércores 8) e Pilar García Rego (sábado 11), co humorista Xosé A. Touriñán (xoves 9) e os youtubeiros O Aquele e Olaxonmario (venres 10). As conversas poderanse consultar tamén a posteriori na propia canle de Youtube do grupo.

Así, en www.youtube.com/tanxugueiras , o público xa pode remememorar as charlas, xogos e preguntas que Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro fixeron esta primeira semana o presentador Xosé Ramón Gayoso ou o actor Carlos Blanco; ademais dos músicos Rubén Lino (Poetarras), Rubén Sierra (La Pegatina), Monoulious DOP , Verto e Anusha Ramasubramoney (que se atopa na India e acompañou ao grupo na súa xira polo país asiático). Estes días tamén participaron o divulgador musical Pepe Cunha , do portal Ábrete de orellas, e Alex Hohmann , quen foi técnico de son de Amparanoia, 08001 ou La Kinky Beat e que agora percorre o mundo en bicicleta cun fin solidario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.