Santiago(é)Tapas

Cuando:
2 noviembre, 2017 todo el día
2017-11-02T00:00:00+01:00
2017-11-03T00:00:00+01:00
Donde:
Santiago de Compostela

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación Hostelería Compostela en funcións, Sara Santos, anunciaron as datas da décima edición do xa tradicional concurso de tapas da cidade, organizado conxuntamente por ambas entidades. Será do 2 ao 19 de novembro.

Santiago(é)Tapas naceu no ano 2008 da man de Turismo de Santiago co obxectivo de convertirse nun evento de referencia para a promoción gastronómica da cidade. Naquela primeira edición a Asociación Hostelería Compostela participou como colaboradora do evento, nunha fórmula que se seguiu nas seguintes tres edicións.

No 2012, cando se celebrou a quinta edición de Santiago(é)Tapas, a Asociación Hostelería Compostela encargouse de organizar directamente o concurso, contando con Turismo de Santiago como patrocinador institucional. Este modelo repetiuse durante tres edicións.

No ano 2015 foi a primeira ocasión na que Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela organizaron conxuntamente o evento gastronómico máis importante da cidade, que neste tempo tense consolidado xa como un referente fundamental para a promoción turística da gastronomía de Compostela. Nestes nove anos de concurso consumíronse máis dun cuarto de millón de tapas.

A edición deste ano de Santiago(é)Tapas contará con múltiples novidades para celebrar o seu décimo aniversario. Unha delas é un cambio de imaxe. A nova imaxe do concurso parte da unión das cores corporativas de Turismo de Santiago, laranxa, e da Asociación Hostelería Compostela, vermello, para amosar visualmente a unión entre ambas entidades na organización do evento.

Outra das novidades é que se modificará o Tapasporte. O concurso manterá o seu funcionamento básico, pero contará cun novo formato para ir completando as diferentes rutas do concurso. Este novo formato será máis lixeiro e máis parecido á Credencial dos peregrinos, respetando a idea orixinaria do concurso de facer un simil coas etapas do Camiño de Santiago.

Nesta edición do concurso tamén se fará un recordatorio das tapas gañadoras das edicións celebradas ata o momento, moitas das cales se teñen convertido xa en petiscos clásicos da gastronomía de Compostela.

Podes consultar aquí todas as rutas, tapas e establecementos participantes.