RUXE RUXE

Cuando:
14 febrero, 2020 a las 10:00 pm
2020-02-14T22:00:00+01:00
2020-02-14T22:15:00+01:00
Donde:
Sala Capitol
Rúa de Concepción Arenal
5. 15702 Santiago de Compostela
Precio:
10 €
Contacto:
Luneda Producións

“O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA”
NOVO DISCO | FEBREIRO 2020

RUXE RUXE é sen dúbida a banda referente do rock galego. Con 23 anos de traxectoria, 11 LPs no mercado e máis de duascentas cancións orixináis publicadas, están no seu mellor momento. Con enerxías renovadas, en Febreiro de 2020 presentan o seu novo disco, gravado nos Estudios Gárate de Andoáin (Gipuzkoa) con Kaki Arkarazo.

RUXE RUXE é por méritos propios unha das bandas galegas máis lendarias, movéndose á marxe dos grandes poderes da cultura, das modas e do políticamente correcto. Co espírito de loita porbandeira, do rock do país, do rock libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sinceiro, directo e emocional, a esencia do adn dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron dende os seus inicios no ano 96.

“Ser de aquí e dun tempo” que diría Celso Emilio Ferreiro. “Rapaces da aldea máis non uns ninguéns” que diría Xosé Neira Vilas.

RUXE RUXE foi, é e será unha banda de culto. As súas cancións son banda sonora en películas, anuncios de TV e programas deportivos, e xa forman parte da memoria colectiva dunha parroquia de galegos e galegas que sempre lles agasalla o seu cariño, admiración e respecto.

Tocaron en incontábeis festivais do país e fixeron xiras que os levaron ininterrumpidamente polos mellores escenarios, tamén alén das nosas fronteiras e sempre con moi boa acollida tanto polo público como pola critica. Colaboraron con bandas como Boikot ou Siniestro Total e teñen compartido palco con Molotov, Gwendal, Wolfstone, Status Quo, Reincidentes ou Def con Dos, entre outros.

Neste curso RUXE RUXE continúan cheos de compromiso e desbordantes de actitude e honestidade, publicando singles e vídeos, con novo disco de estudio no forno, e xirando polos mellores escenarios, converténdose nunha das bandas históricas galegas con maior percorrido.