fbpx

Roteiros na Casa de la Troya

Cuando:
17 julio, 2020 – 20 septiembre, 2020 todo el día
2020-07-17T00:00:00+02:00
2020-09-21T00:00:00+02:00
Donde:
Museo Casa de la Troya. Rúa da Troia, 5. Santiago

O museo Casa de la Troya inicia a súa temporada de verán, logo de permanecer pechado por mor da covid-19. Poderá visitarse ata, alomenos, mediados de setembro, en función de como evolucione a crise sanitaria. O horario é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, pechando, como é habitual, os domingos e os luns. O museo aplicará os protocolos axeitados para que as visitas se fagan con total seguridade.

Os que se acheguen ao Museo Casa de la Troya terán a oportunidade de seguir as explicacións das guías pola vella pensión de estudantes, cunha duración aproximada de entre vinte e vintecinco minutos, en grupos de dez persoas máximo.

Roteiros troyanos

O museo recupera tamén a actividade dos Venres Troyanos, roteiros culturais teatralizados por diferentes rúas e prazas do casco antigo de Compostela, co fin de achegar aos participantes, de maneira amena e divertida, os feitos históricos relativos ao tempo no que transcorre a novela de Pérez Lugín La Casa de la Troya. Repetirase todos os venres do verán ata mediados de setembro.

Estes roteiros partirán ás 19:00 horas desde a Praza de Mazarelos ata o museo, incluíndo unha visita ao mesmo e cunha duración total aproximada de unha hora e media. Poderán participar 10 persoas con reserva previa, chamando ao teléfono do museo (981 585 159) ou enviando un correo a visitas@lacasadelatroya.gal.