fbpx

Pequefilmes 2021

Cuando:
24 enero, 2021 a las 12:00 pm – 7:00 pm
2021-01-24T12:00:00+01:00
2021-01-24T19:00:00+01:00
Donde:
Edificio CINC | Auditorio 1
Cidade da Cultura de Galicia - Santiago
Precio:
3€ + gastos de xestión

Volve un ano máis ao Gaiás o festival de cinema que a cativada da casa levaba un ano agardando! Pequefilmes regresa en xaneiro de 2021 con dúas fins de semana de proxeccións que sorprenderán e emocionarán a un público pequeno en tamaño pero grande en esixencias. Durante os días 23, 24, 30 e 31 de xaneiro de 2021, a Cidade da Cultura convértese de novo nun acolledor cinema onde gozar de medio cento de curtas internacionais de 18 países de todo o mundo.

Este ano por primeira vez, o festival poderá verse tamén a través da rede, accedendo ás diferentes sesións a través da plataforma tv.Festhome. Para facelo, simplemente deberás crear o teu usuario e contrasinal e mercar a entrada para a sesión que prefiras, ou o abono para o festival completo, a un prezo reducido.

O programa de Pequefilmes 2021 ofrece unha emocionante e amplísima escolma das mellores producións internacionais actuais para a cativada, todas elas estreadas nos dous últimos anos e moitas premiadas ou seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo (como Annecy, Clermont-Ferrand, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest ou Dresdner Kinderfilfest).

  • Idade recomendada: a partir de 3 anos.