fbpx

Os Xoves de Códax

When:
20 Xullo, 2023 @ 8:30 p.m. – 10:30 p.m.
2023-07-20T20:30:00+02:00
2023-07-20T22:30:00+02:00
Where:
Bodegas Martín Códax
Burgáns 91 - Vilariño - Cambados (Pontevedra)
Cost:
25 €

Bodegas Martín Códax presenta a X edición do ciclo musical “Os Xoves de Códax”, no que que ofrece unha programación con recoñecidos artistas do panorama musical. Os concertos, que se celebrarán cada xoves dende o 20 de xullo ó 17 de agosto ás 20:30 horas, estarán marcados pola mestura musical e cultural, que abarcará dende o flamenco, indie ou música de autor ata o pop e rock.

As entradas estarán dispoñibles na páxina web da Bodega Martín Códax(https://tienda.martincodax.com/pages/os-xoves-de-codax). A partir do xoves 29 de xuño de xuño ás 12.00 horas poderán mercarse as entradas dos concertos do mes de xullo, mentres que as entradas para os concertos do mes de agosto, estarán á venda a partir do 13 de xullo, tamén ás 12.00 horas. Poranse á venda un total de 350 entradas por concerto e a compra estará limitada a 4 entradas máximo por persoa para cada un dos concertos.

As entradas terán un prezo de 25 euros por concerto, e a recadación de cada un dos concertosirá destinada a unha asociación solidaria, como parte do compromiso da Adega coa sociedade galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.