Os Maios no barrio do Mercado

Cuando:
1 mayo, 2019 – 31 mayo, 2019 todo el día
2019-05-01T00:00:00+02:00
2019-06-01T00:00:00+02:00
Donde:
Barrio do Mercado de Abastos

Coincidindo coa celebración dos maios, unha festa típica da cultura e da tradición galega, un grupo de establecementos comerciais do barrio do Mercado de Abastos deseñaron un conxunto de accións conmemorativas que contribuirán ademais a dinamizar o comercio da zona ao tempo que promocionan o comercio de proximidade.

Os establecementos participantes son Boles de Galicia, Bicho Vintage, Cepeda Mercería, Carantoña, Catrineta Conserveira, Cocina María, Pilgrim Bag, Myka Deco, Noroeste Obradoiro, Sise Tenda, Cuarto Peixigo Tenda, St. Nilsson, Joyería Frade e Librería Lila.

Desde o mércores, 1 de maio, este conxunto de establecementos lucirán nas súas portas e escaparates distintos elementos ornamentais que conmemorarán a festa dos maios, unha celebración de carácter popular e de exaltación da natureza para dar a benvida á primavera.

A mostra ornamental compleméntanse con accións dirixidas á clientela destes establecementos que se irán desvelando á través da promoción directa nas redes sociais dos establecementos participantes. Ademais, desde a rúa do Preguntoiro, un cartel invitará aos transeúntes a visitar e participar na acción promocional do Barrio do Mercado.

Os catorce comercios da zona decidiron acometer esta actuación como unha forma de visibilizarse ao tempo que se dinamiza unha zona municipal que linda cun dos espazos de Compostela máis visitados polos turistas como é o Mercado de Abastos.