Ópera “Il segreto di Susanna”

Cuando:
16 diciembre, 2017 a las 8:00 pm – 10:00 pm
2017-12-16T20:00:00+01:00
2017-12-16T22:00:00+01:00
Donde:
Teatro Principal
Precio:
10 €

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) estrea a súa segunda produción operística, Il segreto di Susanna (O Segredo de Susana). Esta ópera escenificada reunirá sobre as táboas a un total de dez artistas, incluíndo a Cándido Pazó, á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas, ao barítono Javier Franco e aos músicos do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC).

Il segreto di Susanna é unha ópera cómica nun acto musicada por Ermanno Wolf-Ferrari, cun libreto de Enrico Golisciani e estreada en 1909. Un tour de force dun pequeno segredo que vai medrando á par que a inseguridade e a desconfianza de Gil, o marido de Susana; un matrimonio novo que reside no noroeste italiano de Piamonte. A moza omitiu comentarlle ao seu recente esposo que tiña o hábito de fumar ás agochadas. Gil, pola súa parte, decátase do cheiro e pensa que a súa esposa é infiel. Preocupado, trata de pescala in fraganti desenvolvendo case unha escena de vodevil na que o seu mordomo, Sante, cómplice de Susana, xogará un papel fundamental. A peza, polo tanto, xira ao redor da intimidade, os segredos, o vicio e os celos, aínda que abordados de xeito inxenuo e sinxelo.