O RITUAL DO SACRIFICIO de Camilo Seira

Cuando:
12 octubre, 2019 – 9 noviembre, 2019 todo el día
2019-10-12T00:00:00+02:00
2019-11-10T00:00:00+01:00
Donde:
Os Catro Gatos
Rúa das Rodas
13

O espazo para a arte Os Catro Gatos inaugura a exposición ‘O ritual do sacrificio’ de Camilo Seira o sábado 12 de outubro ás 21:00 horas.

A mostra fálanos da matanza tradicional como un claro exemplo da relación entre o home, o sagrado e a natureza; nela, a morte por sacrificio aseguraba a renovación da vida, o fortalecemento e a purificación do grupo. Os que participaban no ritual somerxíanse nun estado atávico presocial e sentíanse máis cerca das súas orixes e do útero materno.

Camilo Seira naceu en Padrón o 8 de decembro de 1974. Desde moi pequeno manifestou o seu interese pola pintura e a escultura. Entre 1993 e 1994 participou como aprendiz e axudante no taller do coñecido escultor compostelán Fernando Blanco, discípulo de Asorey.

Graduado en Artes Aplicadas na especialidade de Técnicas de Volume, pola Escola «Mestre Mateo» de Santiago de Compostela, é tamén licenciado en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Entre o 2004-2006 exerce como profesor de escultura na escola de «Canteiros» de Poio (Pontevedra).