fbpx

Noites Alternas

Cuando:
24 septiembre, 2020 – 18 diciembre, 2020 todo el día
2020-09-24T00:00:00+02:00
2020-12-19T00:00:00+01:00
Donde:
Santiago de Compostela

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou o programa Noites Alternas, unha iniciativa de lecer nocturno alternativo destinada á mocidade que ten como obxectivos establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas críticas, participativas e creativas que poidan reverte en beneficios da xuventude e da sociedade en xeral.

O programa desenvolverase ata o 18 de decembro, e inclúe, segundo sinalou Rubén Prol «unha gran variedade de actividades espalladas pola cidade nas noites dos xoves e venres, sempre en horario nocturno», que abarca das oito da tarde, ata as doce da madrugada. Explicounas máis polo miúdo Adrián Rei, da asociación cultural e xuvenil, Itaca, que organiza as distintas accións xunto ao Concello de Santiago, a través do departamento de Mocidade. A próxima será o xoves, 22 de outubro. Teatro ás nove da noite, no Centro Xove da Almáciga; e o obradoiro «Botiquín vivo na xanela. Uso e cultivo de plantas medicianais en macetas, de oito e media a dez e meda da noite, no local de Itaca. Todas son de balde e cómpre inscribirse no formulario en liña dispoñible na web itaca.gal. As prazas son reducidas, nove por grupo, e asinaranse por orde de inscrición.

O programa pódese desenvolver, segundo sinalou o concelleiro, grazas a asociacións, equipamentos municipais, e persoas interesadas en ofrecer o seu talento e experiencia. «Todo isto reverte nun enriquecemento da oferta cultural e da cidade, e ao mesmo tempo, activa e fortalece o traballo de base das persoas, asociacións e colectivos do concello», engadiu.

A proposta presentada, sinala Prol, continúa co traballo en rede iniciado en anos pasados, que axuda, indicou o concelleiro «a dispoñer dunha alternativa de lecer máis enriquecedora, activa e construtiva» e, ao mesmo tempo permite difundir o traballo das asociacións do concello e desenvolver e proxectar o talento e a creatividade da xuventude compostelá».

Para apoiar este proceso, convocouse un convite para que as persoas e entidades interesadas puidesen presentar as súas propostas de actividades para ser desenvolvidas nas Noites Alternas. Presentáronse 48, de moi variada tipoloxía, o que, segundo o concelleiro, «dá boa conta do interese subscitado pola iniciativa, e mesmo da necesidade de establecer plataformas e canles para que o talento mozo poida desenvolverse e proxectarse en condicións e con calidade». Neste momento hai 26 colectivos e asociacións implicadas no programa, con 65 persoas colaboradoras, e con 31 actividades programadas.

Dada a situación excepcional creada pola pandemia da covid-19, o Noites Alternas priorizou as actividades que facilitasen a prevención, como aquelas accións creativas para grupos pequenos e con materiais individualizados; actividades externas como xogos e roteiros; e actividades escénicas en espazos amplos e con aforos reducidos.

Rubén Prol explicou que o programa, que comezou o pasado 24 de setrembro · está tendo moi boa acollida, xa que nas dúas primeiras semanas de programación as prazas ofertadas cubríronse na súa totalidade e na maioría das actividades abríronse listas de agarda»