Neorretranca e posmorriña

Cuando:
11 abril, 2019 a las 8:00 pm – 5 mayo, 2019 a las 10:00 pm
2019-04-11T20:00:00+02:00
2019-05-05T22:00:00+02:00
Donde:
Salón Teatro

O Centro Dramático Galego (CDG) contará cun elenco integramente feminino para a súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, que se estreará o vindeiro 11 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela baixo a dirección escénica de Gena Baamonde. As intérpretes Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron as seleccionadas para encarnar todos os personaxes das dúas pezas que lle darán forma ao espectáculo: Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.

O común denominador dos dous textos de Neorretranca e posmorriñaé a identidade galega, sobre a que ofrecen dúas olladas diferentes a modo de colaxe. Sinfonía en sol maior ou non preséntase como unha fantasía aberta ao xogo escénico, catálogo-secuencia de múltiples imaxes dunha terra por facer, mentres que Boisaca ou a divina desgraza é humor negro en cemiterio turístico nun tourcompleto polos límites da vida.