fbpx

Mirar o son

Cuando:
16 septiembre, 2020 a las 10:00 am – 15 noviembre, 2020 a las 8:00 pm
2020-09-16T10:00:00+02:00
2020-11-15T20:00:00+01:00

O Auditorio de Galicia acolle a exposición ‘Mirar o son. Notación gráfica na Música Contemporánea’ .

A mostra recolle máis de douscentos documentos de arredor de 60 compositores e compositoras, que propoñen un achegamento ás novas formas de notación musical que xorden a mediados do século XX e chegan ata a actualidade. Trátase dunha selección de partituras non convencionais nas que predomina a súa dimensión visual, ou que adoptan linguaxes non normalizadas.

A través do percorrido da exposición, o público poderá observar como a as novas formas musicais ou os diferentes materiais sonoros empregados obteñen como resposta partituras que entran en relación con outras disciplinas artísticas, coas artes visuais tomando especial relevancia. Moitas das partituras expostas, máis aló da súa posible translación sonora, poden considerarse como pura imaxe, podendo ser valoradas dun xeito plástico; de feito, na mostra atópanse partituras de obras concibidas non para a súa interpretación musical, senón para resolverse na evocación sonora que puidesen provocar no espectador, nunha posible “experiencia sonora” xurdida da súa visión; é o caso da denominada “música visual”.

Tal como salientan os comisarios da mostra, Ignacio Barcia e Iñaki Martínez Antelo, a exposición non ten vontade de ser un percorrido exhaustivo nin antolóxico senón dar unha mostra, con algúns exemplos emblemáticos como John Cage, Cathy Berberian, Dick Higgins, Joan La Barbara, LLorenç Barber, Earle Brown, Juan Hidalgo, Tom Johnson, Morton Feldman, Cornellius Cardew ou David Young, e outros quizais menos coñecidos ou máis novos.

Mirar o son non é una mostra concibida non só para un público especializado ou con coñecementos musicais, senón que ten una forte intención divulgativa e confórmase dun xeito didáctico. Por iso inclúense documentación audiovisual relacionada coas obras expostas e a reprodución sonora dalgunhas das pezas na propia sala de exposicións.