Mercado de Nadal e Pista de Xeo

Cuando:
2 diciembre, 2017 – 28 enero, 2018 todo el día
2017-12-02T00:00:00+01:00
2018-01-29T00:00:00+01:00
Donde:
Carreira do Conde e Paseo Central da Alameda

Un posto no mercado do ano pasado. Foto: Concello

O Mercado de Nadal abrirá desde o sábado 2 de decembro ata o 6 de xaneiro. En total haberá 87 expositores, 22 máis que o ano pasado, na mesma localización, a rúa Carreira do Conde. En canto aos horarios do Mercado, os días non festivos abrirá de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:30 horas. Os días 24 e 31 de decembro, o horario será de 11:00 a 14:30, mentres que os días 25 de decembro, e 1 e 6 de xaneiro, o Mercado abrirá de 18:00 a 21:30 horas.

No Mercado de Nadal haberá postos de artesanía, doces, obxectos e agasallos para as festas, cunha representación moi ampla da artesanía local. Os comerciantes e artesáns rotarán en quendas. Así, segundo explicou Lucía Castro, “haberá un total de seis quendas, cada unha das cales durará seis días”. Nesta edición, ao haber máis expositores, non terán que repetir quenda, salvo tres, polo que se garante a variedade e distinción en cada quenda.

O Mercado tamén contará cunha área de actividades, o Espazo Creativo, pensado sobre todo para os máis pequenos, que tamén terán á súa disposición unha ludoteca aberta permanentemente.

Pista de xeo
A Pista de Xeo funcionará do 2 de decembro ao 28 de xaneiro no Paseo Central da Alameda.

O horario de luns a venres será de 9:00 a 14:00 só para centros escolares, mentres que, pola tarde, o recinto abrirá de 16:30 a 22:00 horas para o público en xeral. As fins de semana a pista estará disponible de 11:00 a 22:00 horas de maneira interrompida. Tamén haberá sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivos, con horario de 22:00 a 2:00 horas.

Sobre os prezos, a penas varían respecto ao anterior Nadal, cunha entrada xeral de 8 euros para unha sesión de 50 minutos. Os/as escolares pagarán 4,5 euros.