Mercado da Estrela
O Mercado da Estrela é un festival de Nadal coorganizado polo Concello de Santiago e Correveydile no que as persoas creadoras de Galicia amosan o froito do seu talento nas vésperas das festas para que os visitantes desfruten das súas creacións, pezas, produtos, elaboracións e composicións durante o evento ou as convirtan en orixinais e innovadores agasallos adquiridos baixo o selo de #talentogalego.
Posicionado como centro neurálxico en Galicia para as compras, os reencontros e os brindes na semana previa a Noiteboa, o Mercado da Estrela conta co patrocinio da Direccion xeral de Comercio e Consumo apoiando á marca Artesanía de Galicia, Turismo de Santiago de Compostela, Estrella Galicia e Gadis, o apoio de Paco&Lola, Vermú Lodeiros e Finsa e a colaboración do Seminario Maior, a “Hospedería San Martín Pinario”, Abanca e o Centro Don Bosco como localizacións anfitrionas do evento.
Case un centenar de marcas de artesanía, moda, ilustración, xoguetes, fotografía, deseño, decoración, produtos enogastronómicos e últimas tendencias participarán na feira creativa contemporánea durante a fin de semana previa a Nadal nunha oferta que completará a súa proposta para este aniversario con foodtrucks, postos de restauración e un atractivo programa de concertos, sesións picadiscos e obradoiros deseñados para gozar da creatividade e do tempo compartido.
Un festival de balde que reparte os seus contidos entre diferentes espazos de destacado valor histórico e patrimonial de Santiago de Compostela para redescubrilos a través dun percorrido que permite coñecer a impresionante riqueza arquitectónica e cultural desta cidade Patrimonio da Humanidade mentres se desfruta do animada ambiente que caracteriza ao festival e se descubre o talento creativa das novas marcas de Galicia.
A programación musical para este 10º aniversario irase revelando progresivamente nos vindeiros días e, ao igual que a Feira Creativa e as Zonas de Restauración será de entrada gratuíta e cumprirá con todos os protocolos de seguridade, hixiene e prevención velando pola protección de todas e todos.
Espazos do 10º Aniversario do Mercado da Estrela
* Feira Creativa no 2º andar do Centro Social Abanca na Praza de Cervantes, no claustro procesional do mosteiro de San Martiño Pinario e no claustro e Salón Peregrinos da “Hospedería San Martín Pinario” de 16h a 21h o venres 17 e de 11h a 21h o sábado 18 de domingo 19 de decembro
*Zona Foodtruck con DJs e oferta de restauración na praza 8 de Marzo dende o xoves 16 ás 20h
* Concertos e oferta de restauración na pista cuberta do Centro Don Bosco dende o xoves 16 ás 20h