Los Enemigos

Cuando:
20 marzo, 2020 a las 10:00 pm
2020-03-20T22:00:00+01:00
2020-03-20T22:15:00+01:00
Donde:
Sala Capitol
Rúa de Concepción Arenal
5
15702 Santiago de Compostela
Precio:
20 € (anticipada) / 25 € (taquilla)

Los Enemigos regresan con todo o seu pulso rockeiro envorcado en ‘Siete mil canciones’

Los Enemigos grupo esencial do rock en castelán con máis de tres décadas de traxectoria e un cancionero clásico de principio a fin, abandonan a trinchera e desbaratan calquera amago de resistencia en apenas tres minutos. Enteiros, como sempre. Desatados como nunca. Fieros e tenros, como a vida mesma. Engastando palabras maiores en versos de arte menor. Coa determinación que require toda conquista.

«Bestieza», o décimo álbum en estudo do cuarteto formado por Josele Santiago, Fino Oyonarte, Chema «Animal» Pérez e David Krahe, publicarase o próximo 6 de marzo e supón a enésima demostración de poderío voltaico, inventiva lírica e actitude rockeira do grupo madrileño.

Responsables dalgunhas das cancións máis influyentes da nosa música popular contemporánea, Los Enemigos realizan un envidiable exercicio de síntese creativa neste novo traballo, producido por Carlos Hernández e autoeditado a través do seu selo, Alkilo Discos.

E trala publicación do disco agarda unha extensa vira de presentación que volverá levarlles por todo o país, propiciando o caluroso reencontro coa súa afección.

Un acontecemento para a música española, non lles caiba dúbida.