Lina_Raül Refree

Cuando:
27 marzo, 2020 a las 8:30 pm – 10:00 pm
2020-03-27T20:30:00+01:00
2020-03-27T22:00:00+01:00
Donde:
Auditorio de Galicia
Avenida Burgo Das Nacións
S/N
15705 Santiago de Compostela

Nunha noite de fados as voces móstranse auténticas: sen amplificación, sen adornos e sen filtros, apenas nervo e talento, alma e paixón. Raül Refree entende ben todas estas cousas e como elas marcan as voces, tendo asinado, por exemplo, a produción de Los Angeles de Rosalía, ou Granada de Silvia Pérez Cruz. Por iso mesmo, o músico e produtor non tivo dúbidas cando escoitou a Lina cantar no Clube de Fado de Lisboa.

E foi aí, a media luz, que Raül Refree namorou da voz desta nova fadista, estudante atenta da obra de Amália Rodrigues, á que homenaxea neste proxecto desde unha perspectiva tan respectuosa e auténtica como desafiante.

– Web con máis información

– Facebook do espectáculo