Lee Fields & The Expressions

Cuando:
10 mayo, 2020 a las 8:30 pm
2020-05-10T20:30:00+02:00
2020-05-10T20:45:00+02:00
Donde:
Sala Capitol
Rúa Concepción Arenal 5 15702. Santiago de Compostela
Precio:
18€ (+gastos) anticipada | 25€ taquilla

 

No 2019, Lee Fields xuntou forzas co productor Leon Michels e coa súa banda habitual, The Expressions, para entregar «It Rains Love«, o seu segundo LP para o selo Big Crown Records. Un disco que veu presentar o pasado mes de maio con dous concertos memorables. En Barcelona deixou un sold out inmenso e moitas caras de felicidade e, en Madrid, dentro do Festival Sound Isidro, brindounos unha noite emocionante, onde Fields deuno todo encima do escenario facendo gozar a todos os presentes. Ruta 66, revista imprescindible para descifrar xéneros como o rock, o soul ou o blues, deulle a portada da súa edición impresa de abril de 2019 polo seu último traballo «It Rains Love» e pola súa longa traxectoria de máis de 50 anos traballando e cantando ao servizo da música soul.