“Influencers de taberna”

Cuando:
2 septiembre, 2019 – 27 septiembre, 2019 todo el día
2019-09-02T00:00:00+02:00
2019-09-28T00:00:00+02:00
Donde:
Centro Empresarial do Tambre

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) acolle no Centro Empresarial do Tambre a exposición de pintura “Influencers de taberna” da artista Inés Silvalde.

A mostra conta con medio centenar de pinturas en acrílico e óleo e ilustracións. Estes traballos son o resultado da procura de novos códigos artísticos por parte da artista ao longo do período 2018-2019.

Coincidindo coa xestación do seu fillo, nace en Inés Silvalde a necesidade de empregar novas formas e cores coas que desenrolar a súa traxectoria artística. Dalgún xeito, a artista explica que precisaba poñer en crise a súa “zona de confort” en canto á técnica e recursos para poder configurar unha nova forma de traballo.

As obras da mostra divídense en catro partes, segundo o período de creación: unha primeira parte onde aparece a forma fronte ao significado; unha segunda parte onde o significado prevalece fronte á forma; unha terceira onde a artista da outra volta as súas creacións; e unha última e cuarta parte onde xorde a fusión plástica.

“Esta serie de obras son o resultado de dous anos de traballo nun proceso de exploración a nivel formal e estético no que a figura humana é a principal protagonista” –sinala a artista–. As súas pinturas mostran a persoas que viven na sociedade actual nun proceso de continua busca do auto coñecemento e autoafirmación, e nas que o humor e a ironía son os principais vehículos que unen todas as obras.

Principalmente, a artista asegura que o seu interese por mostrar estas obras está no fin de espir a evolución do seu proxecto pictórico, que expón con todas as súas fases de creación, “algunhas pezas con máis ou menos interese, pero todas sinceras e fieis ás etapas ás que pertencen”.

A artista considera que nesta serie de pinturas todo xorde no momento no que, na procura de sintetizar de forma máis áxil o debuxo de distintos modelos, nacen eses modelos con uns rostros “robóticos” e case absurdos, narices grandes que marcan a t facial e ollos pequenos. Aparecen, polo tanto, as primeiras obras en óleo, con grande cantidade de materia, representando escenas inspiradas en fotografías. Os títulos destas obras son frases con significados persoais. 

Nesta segunda fase, as frases condicionan a forma resultante. Están tomadas de titulares de páxinas de Facebook, declaracións de usuarios das redes sociais e letras de cancións de música coas que a artista busca unhas composicións que representen ás obras de forma irónica. Para apoiar esta ironía, Inés Silvalde ridiculiza aínda máis aos seus protagonistas, conservando os narices apoiados por unha boca cuns dentes absurdos e case maléficos. Aquí introduce cores flúor co fin de causar máis impacto no espectador. Busca sempre poñer ao límite a beleza para darlle unha resposta digna, conformando unha especie de xogo e de reto.

Co fin de seguir cara diante co proceso pictórico deste proxecto, a artista considerou que o seguinte paso sería atopar unha hexemonía coa súa forma de pintar primixenia. Para iso, pensou que usar imaxes das revistas do corazón podería axudarlle a conxugar unha linguaxe entre todo iso no que estaba traballando. O resultado foi unha grata sorpresa, xa que os titulares que acompañaban ás imaxes realzaban a idea do humor, do absurdo e acompañaban á crítica de fondo.

Fusión plástica

Recollendo cada unha das características das catro fases, Inés Silvalde decide poñer en práctica o resultado final. Asiste a un curso de paleta reducida coas cores empregadas por Velázquez. A reprodución das cores barrocas axudaríalle a enfeitizar a idea de contraste. É moi importante tamén nesta fase o acto de intervir unha obra que consideras ben feita, “ese medo a volver atrás cando estás creando”.

Nacen así unha serie de obras inspiradas nas redes sociais, na imaxe que queremos dar ante os demais e esa necesidade de reafirmación. “Precisamos mirarnos con distancia e baixo o filtro dos demais para configurar o noso ser. Tomo imaxes da miña galería de fotos, imaxes inspiradas en influencers de Instagram e creo esta serie de obras, todas acompañadas por símbolos” –sinala a artista–.