“Implícate”

Cuando:
14 enero, 2018 a las 8:30 pm – 11:30 pm
2018-01-14T20:30:00+01:00
2018-01-14T23:30:00+01:00
Donde:
Teatro Principal
Precio:
12 €

A décimo terceira edición do festival Implícate. Noite de música e palabra solidaria será desenvolvida de novo pola ONGd Implicadas no Desenvolvemento. Celebrarse o domingo 14 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Este evento é xa unha cita solidaria habitual nos comezos de ano en Compostela, da man dunha entidade, Implicadas no Desenvolvemento, que neste 2018 cumpre 20 anos. Os fondos recadados irán destinados aos proxectos que a ONGd ten en marcha en lugares como o Sur da India ou África, sempre coas mulleres como protagonistas e coa mirada nun desenvolvemento sostible e ético.

Será unha noite dedicada á música e á palabra solidaria, co obxectivo de mobilizar conciencias dende a arte e solidariedade. Participarán músicos como Mounqup, Sonia Lebedynski ou Atrás Tigre, o grupo de danza Xacarandaina, os poetas Alicia Fernández, Verónica Martínez Delgado, Ismael Ramos ou Suso de Toro e xentes do teatro como Isi e Marta Iglesias. Presentarán o acto Mon Santiso e Yolanda Castaño.

20 anos de cooperación ao desenvolvemento crítica e feminista
Implicadas fundouse en 1998 como unha organización crítica e feminista de cooperación ao desenvolvemento que basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como alicerce para o desenvolvemento humano perdurable.

A súa misión é traballar a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, máis en concreto no colectivo das mulleres, a través da eliminación das estruturas de opresión Norte-Sur e de xénero, e da contribución a unha vida digna para todas as persoas, nun exercicio de corresponsabilidade entre Galicia e as sociedades civís do Sur. Unha gran parte destos proxectos fináncianse coas aportacións das socias e coas actividades organizadas polas voluntarias activistas da ONGd.

Actualmente, Implicadas leva a cabo dous proxectos na India: un en Salem para erradicar o infanticidio e para contribuir a un cambio nos patróns de xénero que faga inadmisible toda forma de violencia contra as mulleres, e outro en Tiruchy, onde se traballa con grupos de axuda mutua que sirven de apoio ás mulleres e para mellorar a súa autoestima e as súas capacidades de acción política para loitar contra a discriminación que sofren nunha orde social na que non poden exercer os seus dereitos. Durante o 2017 tamén retomou o traballo en Etiopía, en colaboración coa entidade Menoria.

Ademáis dos proxetos levados a cabo na India, Implicadas fai diferentes actividades en Galicia para dar a coñecer o seu traballo e para sensibilizar das desigualdades Norte-Sur e de xénero: exposicións itinerantes, publicacións, actividades formativas, cursos, congresos…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *