I Congreso Internacional do Teatro Galego

Cuando:
25 marzo, 2020 – 28 marzo, 2020 todo el día
2020-03-25T00:00:00+01:00
2020-03-29T00:00:00+01:00
Donde:
Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá do 25 ao 28 de marzo o I Congreso Internacional do Teatro Galego, para o que a Academia Galega de Teatro contará co apoio económico da Xunta de Galicia, entre outras entidades.

O programa inclúe conferencias, mesas de traballo, comunicacións e presentacións de proxectos e publicacións, arredor do que se reunirán máis de medio centenar de profesionais que desenvolven a súa actividade en diferentes ámbitos do sector tanto en Galicia como no resto de España e noutros países, como Portugal e México.

As liñas programáticas do I Congreso Internacional do Teatro Galego, que se presenta baixo o lema Co 2030 no horizonte, xirará arredor de tres grandes eixos temáticos: Experiencia, actualidade e modelos externos, O teatro e os públicos e A creación e os seus procesos. O obxectivo, segundo os seus organizadores, é a posta en común da situación actual do teatro galego en relación coa doutros modelos internacionais de creación, produción, xestión e distribución, para chegar a unha serie de conclusións encamiñadas á transformación social e a partir das que poder servir de guía para profesionais, xestores e público.