Gala aRi[t]mar

Cuando:
4 diciembre, 2019 a las 9:00 pm – 11:00 pm
2019-12-04T21:00:00+01:00
2019-12-04T23:00:00+01:00
Donde:
Auditorio de Galicia
Precio:
Gratuito
Aida, Olaia e Sabela presentarán o primeiro disco de Tanxugueiras o 3 de xuño na Capitol. Foto: PhixelinPhoto

Tanxugueiras. Foto: PhixelinPhoto

O certame aRi(t)mar, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, traerá este mércores 4 de decembro, ás 21:00 horas, ao Auditorio de Galicia ás gañadoras desta edición: Tanxugueiras, Os Azeitonas, Susana Aríns, Marta Chaves e Uxía, ademais da actuación Carlos Blanco. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

aRi(t)mar ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editadas en Galicia e Portugal, e aproximar a cultura e a lingua de Galicia e Portugal.

Os preto de cinco mil votos do público emitidos no certame aRi(t(mar, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que os/as artistas gañadores/as polo mellor tema musical publicado en Galicia e en Portugal en 2018 son as Tanxugueiras, con «Quen non mo neguen», e Os Azeitonas, con «Efeito do Observador».

No apartado de poesía, as gañadoras foron a galega Susana Sánchez Aríns, polo poema «E isso é o amor» (Tu contas e eu conto, Através Editora, 2018), e a portuguesa Marta Chaves, por «Fachada» (Varanda de Inverno, Assírio e Alvim, 2018). Os poemas foron escollidos por votación popular online aberta a todo o público galego e portugués.

O xurado do certame aRimar decidiu conceder o Premio aRimar especial do xurado «Embaixada da Amizade galego-lusófona» á cantora galega Uxía. Segundo o xurado, Uxía é a embaixadora e pioneira da amizade galego-lusófona por excelencia, con especial destaque no campo da música e que co seu traballo abre novos e múltiples camiños na restauración das pontes dos afectos e do recoñecemento mutuo entre Galicia e a Lusofonía, cun labor permanente de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural.

A gala aRimar está promovida pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, xunto coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Patrocinan a Xunta de Galicia, Deputación Provincial da Coruña e Concello de Santiago de Compostela, Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e Instituto Camões-Centro cultural Portugués de Vigo. Colaboran a Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centros do Ensino Português pelo Camões.