FLIV 2020 – I Festival Virtual do Libro de Galicia

Cuando:
26 junio, 2020 todo el día
2020-06-26T00:00:00+02:00
2020-06-27T00:00:00+02:00

Anna R. Figueiredo. Foto: Iván Barreiro

As usuarias da cultura somos moi conscientes da dificultade para que se leven a cabo actos culturais e literarios nos próximos meses dada a situación xerada pola rápida expansión do COVID-19 e as consecuencias do confinamento.

Deste xeito nace o FLIV 2020, o I Festival Virtual da Literatura galega, un espazo virtual co obxectivo de visibilizar a riqueza cultural galega e a riqueza empresarial que ten detrás a través de múltiples actividades.

Máis de 50 autoras e autores participarán nesta iniciativa que se celebrará os días 26, 27 e 28 de xuño. Podedes consultar o programa aquí.