fbpx

Fetiches

When:
13 Novembro, 2021 – 11 Decembro, 2021 all-day
2021-11-13T00:00:00+01:00
2021-12-12T00:00:00+01:00
Where:
Os Catro Gatos
Rúa das Rodas
13 - Santiago

Natasha Lelenco (Moldavia, 1982) presenta no Espazo de Arte Os Catro Gatos a sua nova serie pictórica titulada “Fetiches” unha exposición de lenzos de pequeno formato na que propón unha reflexión sobre a imaxe e a memoria a través dos obxectos e referentes visuais da cultura popular.

Comunmente etiquetado como “arte non arte”, “arte popular” ou directamente, “mal gusto”, o Kitsch interesa a Natasha Lelenco, segundo afirma no texto que acompaña a exposición “como evocación e fascinación polo pasado, como un xeito de idealización que conecta co xeito no que adoitamos idealizar a infancia”.

Para a realización desta serie, a artista de orixe moldava, recorreu a elementos visuais do imaxinario popular do seu fogar natal en Chisinau nos derradeiros anos da Unión Soviética, unha sorte de galería de fetiches familiares que conformou o seu repertorio visual e que hoxe, afirma “conforma a imaxe dos recordos daquela época”.

Máis alá dos referentes íntimos da serie, afirma a autora que “estas pezas naceron nunha tripla confluencia de circunstancias persoais e globais, por unha parte o regreso a Galicia logo dunha viaxe a súa cidade natal, a mudanza á cidade de Ourense que actualmente acolle o seu obradoiro, e o contexto de crise pandémica co telón de fondo da crise climática”.

A exposición poderá verse ata o 11 de decembro en horario de martes a sábados, de 18 a 21 h.