Festa Prima20

Cuando:
4 julio, 2020 todo el día
2020-07-04T00:00:00+02:00
2020-07-05T00:00:00+02:00
Donde:
Santiago de Compostela

Do 25 ao 28 de xuño e o 4 de xullo celebrarase nas rúas de Compostela Prima20, a aposta do Concello para reactivar o comercio local e recuperar para a cidadanía as rúas de Santiago na volta á «nova normalidade». Serán cinco xornadas cheas de actividades, para as que haberá que reservar mediante cita previa, co obxecto de controlar aforos e así garantir as distancias de seguridade.

A programación incluirá animación de rúa e actividades para todos os públicos en diversas zonas da cidade: Santa Marta, praza da Mercé de Conxo, parque Eugenio Granell, Alameda, praza da Constitución, parque de Galeras, praza de Cervantes, parque da Música, Vite, San Pedro, praza da Quintana, Romaño, xardín do Pazo de Amarante, praza Roxa, Colexiata do Sar e Área Central. A programación a desenvolver nestes lugares, do 25 ao 28 de xuño, completarase coa que se realizará en San Pedro o 4 de xullo, estendendo así Prima20 para coincidir coas festas deste barrio.

Maxia, contacontos, teatro, monicreques, música, circo, pasarrúas ou danza son algunhas das disciplinas incluídas no programa, que se completará con obradoiros de orfebrería, repuxado de prata e talla de acibeche. Ademais, estase intentando pechar a presenza de pulpeiras na praza de Cervantes e na praza Roxa.

Reserva previa
O calendario de actividades poderá consultarse na web comerciolocal.gal, onde tamén se poderá reservar a entrada para cada unha delas. O obxectivo desta reserva, que se poderá facer a partir do 19 de xuño, é garantir que se respectan os aforos de cada emprazamento e as necesarias distancias de seguridade