Febreiro en dospasos

Cuando:
12 febrero, 2019 todo el día
2019-02-12T00:00:00+01:00
2019-02-13T00:00:00+01:00
Donde:
Rúa Pesqueiras, 6 (Bertamiráns)

 

Consulta aquí todas as actividades que programan en Dospasos para este mes de febreiro:

Bolsas Boomerang

Boomerang Bags é un movemento a nivel mundial que pretende contribuír a reducir o uso de plástico reciclando teas facendo bolsas de todo tipo.

Data: domingo 3 febreiro – Horario: 11.00 – 13.30 – Prezo: gratis: agradécense doacións de telas e fío.

Saíndo do armario: o encaixe contemporáneo no século XX/XXI

Ven a escoitar da man dunha investigadora, Mariña Regueiro, que leva 35 anos cruzando pares para construír unha rede de xente que poida salvar os restos do naufragio dos encaixes da Costa da Morte.

Datas: sábado 9 de febreiro – Horario: 20.00 – 21.30 – Prezo: gratis – Dirixido a: adultos e nenos/nenas maiores de 8 anos

Talleres Xuntos: repostería

Os Talleres Xuntos están deseñados para que maiores e nenos e nenas colaboren en aprender a facer algo diferente en cada taller. Neste taller elaboraremos uns ricos pastelitos.

Data: domingo 10 de febreiro – Horario: 11.00 – 12.30 – Prezo: 15 euros (1 neno/a + 1 adulto)

Talleres de encaixe ao grande

O encaixe feito a unha escala contemporánea, sen bolillos, sen almofada e con material reciclado … coas mans grandes e pequenas … para se divertir e crear arte.

Duración: 4 talleres de 4 horas – Datas: sábado 16 febreiro, sábado 23 febreiro, sábado 2 marzo e sábado 16 marzo – Horario: 16.00 – 20.00 – Prezo: 45 € / taller ou 160 €/ curso enteiro

Taller de pan III: panes con valor engadido

Facer pan é sinxelo e divertido. Apúntate ao taller!

Data: domingo 17 de febreiro – Horario: 10.30 – 14.00 – Prezo: 30 € / taller, coa posibilidade de conseguir un desconto co Bono Dospasos.

Talleres Xuntos: Origami [animais]

Os Talleres Xuntos están deseñados para que maiores e nenos e nenas colaboren en aprender a facer algo diferente en cada taller. Este taller é unha introdución a a antiga arte xaponesa de origami, ou papiroflexia.

Data: domingo 24 de febreiro – Horario: 11.00 – 12.30 – Prezo: 15 euros (1 neno/a + 1 adulto) coa posibilidade de conseguir un desconto co Bono Dospasos.

Books and Videos

Queres mellorar o teu inglés? Nós eliximos un libro ou un vídeo en cada sesión para ler en casa e logo falamos sobre el. Simple, factible e eficaz.

Datas: Xoves, unha vez á quincena – Horario: 20.00 – 21.00  (Ver sitio web para datas e libros / vídeos) –  Prezo: 30 € (5 horas)

Cociña para mozos [en inglés]

Nestes talleres faremos uns pratos sinxelos, ricos e nutritivos – pastas, arroces, guisos e máis. Ademais brindan a oportunidade de usar o inglés nunha situación real e comunicativa.

Dirixido a: maiores de 10 anos. Datas: vernes alternos a partir do 1 de febreiro – Horario: 19.00 – 20.3 – Prezo: 15 € / mes, coa posibilidade de conseguir un taller gratis usando o Bono Dospasos

Cociña vexetariana

Nestes talleres aprenderás a facer pratos ricos, sinxelos e nutritivos usando vexetais, cereais e, ás veces, ovos e lácteos.

Datas: último vernes de cada mes, a partir do 22 de febreiro – Horario: 19.00 – 21.30 – Prezo: 30 € / taller, coa posibilidade de conseguir un desconto co Bono Dospasos

Coffee and Chat

Non é unha clase, senón unha oportunidade para mellorar o teu inglés nun ambiente relaxado e informal.

Todos os niveis. Datas: mércores: 18.45 – 19.45 xoves: 11.00 – 13.00 e 16.45 – 17.45 (Contactar con dospasos para concertar un horario diferente). Prezo: 60 € (10 horas).

Taller de narrativa

A discusión e o intercambio de experiencias en torno ao quefacer literario é unha das vías de traballo máis enriquecedoras á hora de buscar perfeccionar e puír os teus textos narrativos. As opinións diversas abriranche a visión sobre o teu traballo e sobre as posibilidades do mesmo.

Datas: martes – Horario: 19.00 – 21.00 a partir do 5 de febreiro – Prezo: 30 € / mes

Curso de repostería para adultos [en inglés ou castelán]

Apetéceche aprender a facer tortas cheas de sabor, unhas galletas riquísimas ou uns biscoitos distintos? Non o dubides, apúntate!

Datas: mércores de 20.00 – 21.30 [en inglés] – xoves de 18.00 a 19.30 [en castelán] – Prezo: 15 €/ clase (materiais incluídos)

Repostería para nenos e nenas en inglés

Queres que aprendan repostería mentres aprenden línguas? Que se divirtan facendo deliciosas galletas e pasteis para levar a casa?

Datas: martes de 17.00 a 18.30 e mércores de 17.00 a 18.30 – Prezo: 15 €/clase (materiais incluídos)