fbpx

Exposición ‘Vínculos de Compostela’

Cuando:
20 octubre, 2020 – 20 diciembre, 2020 todo el día
2020-10-20T00:00:00+02:00
2020-12-21T00:00:00+01:00
Donde:
Casa do Cabido - Santiago de Compostela

Casa do Cabido acolle a exposición «Vínculos de Compostela», unha mostra colectiva da Asociación Cultural Fotoforum Compostela.

A mostra está integrada por un total de 55 fotografías, a través das cales se amosa o proceso de sensibilización patrimonial dos fotógrafos que participan na mesma. Tal como explican desde Fotoforum Compostela, esta exposición «non se centra no monumental, senón na relación consciente das persoas con espazos, lugares e xentes da cidade». Para levar a cabo este reto, os membros de Fotoforum Compostela tiveron que documentarse sobre lugares, historias e personaxes para despois reflexionar e identificar o seu vínculo con eles. Así, reflíctense vínculos e emocións con parques e cemiterios; con locais comerciais, tabernas e espazos do Ensanche; e co centro histórico.

A exposición tenta compartir co público este traballo de creación interna que cada fotógrafo experimentou ao longo do proceso; por iso, cada unha das pezas vai acompañada dunha cartela explicativa na que se inclúe a súa emoción ao (re)descubrir Compostela, alén dos datos do autor. O resultado guía a construción dun mapa emocional a partir da apropiación simbólica que os fotógrafos realizaron de 53 localizacións emblemáticas de Compostela.

A exposición poderá visitarse na Casa do Cabido de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas; os luns está pechada ao público. Cando comece o horario de inverno -coincidindo co cambio de hora-, o horario pasará a ser de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas, pechando tamén os luns.