Exposición ‘Nun recuncho de ningures’

Cuando:
17 enero, 2019 – 19 marzo, 2019 todo el día
2019-01-17T00:00:00+01:00
2019-03-20T00:00:00+01:00
Donde:
Casa do Cabido

A Casa do Cabido acolle a exposición ‘Nun recuncho de ningures’, que reúne pezas do artista compostelán Salvador García-Bodaño Pereira, coñecido como Radu, realizadas con materiais reciclados.

A mostra aglutina un total de 50 pezas que o artista realizou ao longo de varios anos, na súa maioría esculturas e tamén algunha pintura, ademais de mobles reconvertidos en obras de arte. Salvador exprésase a través de materiais como o papel, o cartón e a madeira; materiais de desfeito aos que dota dunha nova vida, transformándoos en pezas únicas de aspecto primitivo. O resultado son un conxunto de obras figurativas, tanto humanas como animais e outras de carácter imaxinario.

A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata o 19 de marzo inclusive. Poderá visitarse de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.