fbpx

Exposición “Dobre Quadratura”

Cuando:
13 enero, 2021 – 13 febrero, 2021 todo el día
2021-01-13T00:00:00+01:00
2021-02-14T00:00:00+01:00
Donde:
Casa do Cabido
Praza de Praterías
Santiago de Compostela
Esquerda Lois Patiño, dereita Jorge Perianes. Foto de Pedro Martínez

A Casa do Cabido, na praza das Praterías, acolle a exposición ”Dobre Quadratura”, con instalacións dos artistas Lois Patiño Jorge Perianes. 

Trátase dunha mostra que enxalza o espírito barroco da Casa do Cabido, auspiciando a idea do misterio que se oculta tras o pano pétreo da súa fachada. E, como na vella técnica pictórica da Quadratura, na que o engano artístico (trompe-l’œil) propiciaba que as figuras flotasen elevándose nun imaxinario ascenso cara ao firmamento, os dous artistas, Lois Patiño e Jorge Perianes, interveñen o espazo das salas, creando o seu singular acto escénico. 

A exposición pode visitarse de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido pecha ao público.