fbpx

Exposición Colectiva de Pintura

Cuando:
11 septiembre, 2020 a las 6:30 pm – 9:30 pm
2020-09-11T18:30:00+02:00
2020-09-11T21:30:00+02:00
Donde:
Hotel Oca Puerta del Camino
Santiago de Compostela

O hotel OCA Puerta del Camino albergará nas súas instalacións un total de 40 obras de 39 artistas, nunha exposición colectiva de pintura promovida por MundoArti, un espazo virtual que promove a accesibilidade da arte e a cultura a todas as persoas.

A inauguración da exposición realizarase o próximo 11 de setembro ás 18:30 horas. Os visitantes que se acheguen ao hotel poderán facer un percorrido por entre as obras e establecer un diálogo cos artistas, interactuando con eles. Logo gozarán dun cóctel.

No evento participarán, entre outros, a concelleira de Urbanismo, Vivenda, Ciudad Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón, Verónica Cifuentes e Laura Banacloche de MundoArti e o director do hotel OCA Puerta del Camino, Lalo Crespo.

A exposición colectiva de pintura é un conxunto de diferentes temáticas, estilos e técnicas de 39 artistas diferentes. “Non hai homoxeneidade entre as 40 obras. Algunhas son abstractas, outras figurativas; algunhas tratan a paisaxe e outras fan algunha crítica ou denuncia social. En definitiva, preténdese que cada unha delas conte unha historia diferente”, explica Laura Banacloche, coordinadora da exposición e responsable de márketing en MundoArti.

A formación dos artistas tamén é diversa. “Algúns contan con gran formación académica, carreiras artísticas, hai artistas cuxa formación é puramente autodidacta e outros que nunca se atreveron a expoñer ou a considerarse artistas ata o de agora. En xeral, os expositores son artistas emerxentes”, sinala sinala Verónica Cifuentes, coordinadora da exposición e responsable de administración en MundoArti.

A procedencia dos autores das pinturas que estarán albergadas no OCA Puerta del Camino durante un mes, tamén é destacable. Aínda que predominan os artistas españois, hainos tamén de Francia, Portugal, Polonia, Inglaterra, Bélxica, Brasil, Arxentina e Uruguai.

O director do OCA Puerta del Camino, pola súa banda, mostrouse orgulloso de “converter o hotel nun espazo artístico heteroxéneo, aberto ao público compostelán e ao que queira vir percorrer esta exposición, que nos fala de diferentes mundos e a través dos ollos de diferentes persoas. Dentro de nosa nova programación tentamos que o hotel sexa un punto de encontro para os veciños, algo máis que un hotel. Un sitio ao que vir a miúdo, polo que ofrecemos, como esta marabillosa exposición. En consonancia coa filosofía de OCA Hotels, tentamos apoiar proxectos culturais, artísticos, deportivos e en definitiva que acheguen e contribúan á sociedade e ao lugar no que desenvolvemos a nosa actividade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.